lunes, 27 de noviembre de 2017

Circular 98-2017- I Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta

Circular 98-2017

CIRCULAR 98-2017
- A todas as Delegacións (*)
- Aos clubes, adestradores e atletas.
(*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación
Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta
Ourense, 23 de Decembro de 2017
Art.1).- A Delegación da F.G.A en Ourense organizará a I Copa de Galicia de Clubs
Máster en Pista Cuberta o día 23 de Decembro de 2017, na pista cuberta de
Expourense.
Art.2).- Poderán intervir un total de 6 clubs, masculinos e femininos, que sairán dos
seis clubs, masculino e feminino, que mellor puntuación obteñan mediante estadillo de
marcas da tempada 2016/2017 (atá o 31 de Outubro de 2017) dos atletas (aínda que
no ano 2016 pertenceran a outro club) con licenza por ese club nas probas individuais
nas que se disputa a competición (valerá tamén o 5000 polo 3000, o 100 polo 60 e o
100v polo 60v) e as marcas realizadas en pista cuberta, pola táboa de puntuación da
WMA aire libre.
Os estadillos confeccionaranse cos mesmos criterios da competición en canto a
atletas extranxeiros e atletas de clubs asociados podendo un mesmo atleta estar en
duas probas e non debe incluirse a proba de relevos. O estadillo debe ser enviado á
F.G.A. (direcciontecnica@atletismo.gal) como data límite o día 10 de Decembro de
2017. Os rexistros deberán ser conqueridos en probas oficiais e en condicións
reglamentarias.
 Art.3).- As probas que se disputarán serán as seguintes:
Homes: 60, 200, 400, 800, 1500, 3000, 60v, altura, pértega, lonxitude, triplo, peso e
relevo 4x200
 Mulleres: 60, 200, 400, 800, 1.500, 60v, altura, lonxitude, peso e relevo 4x 200.
 Art.4).- Cada club poderá presentar un atleta (ou equipo) por proba pudendo participar
cada atleta en duas probas individuais ou unha proba individual e un relevo.
Admitense tres participacións de atletas extranxeiros en homes e duas en mulleres e
duas participacións de clubs asociados.
Art.5).- Os equipos deben cubrir un mínimo de 10 postos en homes e 7 en mulleres.
Art.6).- Aplicarase a mesma normativa que a establecida pola RFEA para as súas
competicións de clubs:
- Tódolos integrantes dos equipos deberán estar en posesión da licenza nacional
ou autonómica en vigor.
- O número máximo de participacións de atletas estranxeiros será de 3 con
licenza nacional de atletismo.
- Cada club poderá utilizar un máximo de 4 participacións de atletas de Clubs
Asociados.
Art.7).- O número de cambios que poderá efectuar cada club con respecto á inscrición
inicial será de 4. Os cambios na proba de relevos, sobre as inscricións realizadas
previamente non se contabilizarán. Os cambios deberán realizarse na Secretaría de
Competición atá 30 minutos antes do comezo de cada proba respectiva agás
concursos 45 minutos.
Art.8).- Os atletas deberán utilizalo dorsal outorgado pola organización de forma
totalmente visible no peito, agás na pértega, en toda a súa superficie. O
incumprimento de esta norma será motivo da descualificación. Será responsabilidade
dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación do dorsal, a organización
non facilitará imperdibles.
Art.9).-A puntuación de cada proba será separada: N puntos al 1º polo coeficiente de
edad, N-1 ó 2º, así sucesivamente, sendo N o número de equipos participantes. En
caso de empate entre 2 (ou máis) atletas os puntos repartiránse entre ambos. Os
atletas/equipos non presentados, retirados ou descalificados non puntuarán. Resultará
vencedor do encontro entre clubs e o que maior número de puntos obteña despois de
efectuar a suma de puntos obtidos polos seus atletas. En caso de empate a puntos
terase en conta os primeiros postos e de continuar aquel, os segundos postos, etc... A
clasificación será independente os homes das mulleres. O club vencedor será o que
obteña o maior número de puntos. En caso de empate declarase vencedor o club que
consiga un maior número de primeiros postos e de seguir o empate o que teña maior
número de segundos postos e así sucesivamente.
Art.10).- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados, sendo obrigatório acudir ao
protocolo de entrega dos mesmos.
Art.11).- As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA
(hhttps://isis.rfea.es/sirfea2/) antes das 20:00 horas do martes 19 de decembro.
Art.12).- Os atletas disporán de 4 intentos en lanzamentos e saltos horizontais
Art.13).- Alturas dos listóns: Colocaranse a altura máis baixa das solicitadas polos
 atletas e permitida pola instalación e ca seguinte cadencia:
 Altura: de 3 en 3 centímetros.
Pértega: de 10 en 10 centímetros.
Art.14) Táboas de batida nas probas de lonxitud e triple: Como máximo ás táboas de
batida colocaránse en 3 posicións:
1).- A distancia máis corta do foso solicitada polos atletas.
2).- A distancia máis distante do foso solicitada polos atletas
3).- Unha intermedia entre as solicitadas polo resto de atletas.
Art.15).-O sorteo e orden das ruas efectúarase unha vez recebidos os clubs
participantes.
Art.16).- Na carreira de relevo as series faranse cos 3 equipos mellor clasificados coas
probas disputadas e sumadas ata ese momento na serie A, e cos restantes na serie B,
sendo a serie A a primeira en disputarse.


A Coruña, 27 de novembro do 2017


No hay comentarios:

Publicar un comentario