Manuel Baltar dixo que esta “é a proba estrela do noroeste español no que a atletismo en pista se refire, un evento que conta co apoio da Deputación de Ourense porque o goberno provincial defende precisamente os valores do deporte, centrados no dinamismo, a cooperación e a superación”. Baltar destacou que este evento “é un perfecto escaparate para a capital e para a provincia de Ourense, tendo como referente unha proba de alto nivel deportivo como esta.Xunto a Manuel Baltar, no acto de presentación estiveron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o director da Área de Planificación do Campus de Ourense, José María Faílde, e o presidente do Club Deportivo Aurum, Lalo Gómez.
O “Ourense Termal Athletics Meeting” -incluído no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo- está organizado pola Deputación de Ourense; a Concellería de Deportes e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense; a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, coa colaboración do Club Deportivo Aurum e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletism
REGLAMENTO
Fuente La Región
No hay comentarios:
Publicar un comentario